A miña sinxela homenaxe a este gran grupo.Información da páxina do grupo:No ano 1986 nace LUAR NA LUBRE na cidade de A Coruña convertÃndose co paso dos anos e o seu teimoso traballo nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita na Galiza. O traballo que desenrola a banda está enfocado dende a óptica de entender que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito á diferencia enriquecedora do pobo galego.O grupo pretende que na Galiza predomine a súa cultura ainda que non rexeita influenzas que melloren a súa proposta sen deturpar o carácter central do seu proxecto.O proxecto baséase fundamentalmente nas músicas de raiz galegas polo que adican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos asà como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias.LUAR NA LUBRE é hoxendÃa a banda máis internacional da Galiza asà pois dende Palestina a Canada e dende Arxentina a Alemaña levan percorrido parte do planeta levando a cultura e a música da nosa terra a través da súa proposta.No ano 1992 coñeceron ao músico británico Mike Oldfield para o cal ofreceron un concerto privado nunha coñecida sala de concertos coruñesa. Dese improvisado concerto saiu unha amizade que ainda perdura e que se traduciu nunha relación que levou a Mike a facer unha versión de "O SON DO AR" composición de Bieito Romero, un dos temas máis emblemáticos de Luar Na Lubre e tÃtulo do que no 1988 foi o seu primeiro L.P. Mike incluiuno no seu C.D. "Voyager" (1996) como tema 1. Esto foi determinante na carreira de Luar Na Lubre sendo un gran impulso á súa proposta que medrou cando o propio Mike os convidou no 1999 a realizar a xira "Then & Now" por diferentes cidades do estado con grande éxito e confirmándose como grupo "revelación".O grupo leva vendidas máis de 300.000 copias dos seus traballos, sendo "Plenilunio" e "Cabo do mundo" discos de ouro consecutivos por superar as 50.000 copias vendidas.Entre os premios e os recoñecementos recibidos destacamos os seguintes:- Premio Ideal ao mellor grupo de folk da Galiza otorgado polo diario "El ideal Gallego"- 2 premios Luar otorgados polo programa "LUAR" da TVG pola mellor traxectoria profesional e polo mellor tema galego.- 6 premios da S.G.A.E.* 1 por Mellor Canción Novas músicas por "Tu Gitana".* 1 por mellor album de Novas músicas por "Cabo do Mundo".* 4 por mellor canción en galego:- "Chove en Santiago"- "Camariñas"- "Devanceiros"- "Hai un paraiso"- Premio á promoción cultural da cidade da Coruña otorgado pola Comisión de fogueiras de San Xoán.- Premio de Audiovisuais galegas "Mestre Mateo" pola música do seu D.V.D "Un bosque de músicas".Entre as xiras por Galiza, España e mundo, no ano 2004 e dirixida por Ignacio Vilar, LUAR NA LUBRE gravou o seu primeiro DVD onde se recolle parte da súa traxectoria e vivencias. Unha experiencia magnÃfica onde se combinan as paisaxes do noso paÃs, a música do grupo e as anécdotas persoais de cada un dos seus membros.É destacabel tamén a incorporación da nova voz do grupo. Tras a estela de Ana Espinosa e Rosa Cedrón, chega a doce e persoal voz da lisboeta Sara Vidal, que confirma un aporte de frescura e nitidez á nova etapa da banda. No penúltimo disco "SAUDADE" (2005) brila con luz propia.Máximos galardóns:-59º máis visto de España no dÃa-7º español máis visto de Música no dÃa-44º español máis valorado de Música no dÃa-17º español de Música máis visto na semana
Canal: Music
Añadido: November 30, 1999 at 12:00 am
Autor: antoniomoas
Duración: 04:12
Puntuación: 4.15
Reproducciones: 50365
Etiquetas: bieito camiños da eu fin gaita galicia galiza homenaxe lnl luar lubre na pandeireta romero sara terra vidal zanfoña
|
oleiros70 (November 30, 1999 at 12:00 am)
Parabéns, meu.
antoniomoas (November 30, 1999 at 12:00 am)
Certo, pero faltan moitos máis paises que tiveron a sorte de que Luar na Lubre os visitase.Saúdos ;)
raulbranco (November 30, 1999 at 12:00 am)
Caro Antonio, porque você não incluiu o Brasil na relação dos paÃses? Nós amamos o Luar Na lubre e ele já esteve aqui dsuas vezes, em várias cidades.Lumeeeeeeeeeeeee!!!
papigil (November 30, 1999 at 12:00 am)
¡ Boa homenaxe, Antonio !. ¡ Apertas !.
|