A cultura tradicional popular ten na Festa o escenario máis importante no que desenvolve a maior parte das súas relacións sociais. Existe un festexo con claro pasado pagán e cuia orixe remóntase aos máis ancestrais tempos pretéritos, posteriormente resituados na órbita cristiá, que goza de gran predicamento e seguimento entre o pobo galego: o Antroido ou Entroido ( carnaval galaico ).A orixe do termo pódese situar na voz latina "introitus" ( entrada ) por sinalar a entrada posterior ao perÃodo de Coresma.O Antroido sempre gozou de gran seguimento popular, pois a doutrina cristiá esixÃa no subsiguiente perÃodo de Coresma unha rÃxida penitencia e abstinencia: prohibición de comer carne e suspensión de festas e celebracións. Nas datas de antroido realÃzanse grandes rituais gastronómicos nos que a carne de porco ten unha presenza esencial: cacheira, lacón, roxóns, tripas, botelo, chourizos..., exquisitos postres como "o bolo de antroido" ( preparado con fariña de millo e centeo é un pan de mesa sen levedar ), filloas, orellas e flores...Pero o Antroido non só é gastronomÃa xa que trátase da festa popular de maior transcendencia do ano. Antigamente era a época preferida pra a representación de obras teatrais ( o antroido é en si mesmo unha gran peza teatral ). Tradicionalmente durante estas festas pódese expresar con impunidade a "vox populi". Antano comezábase en xaneiro, con dous domingos de antelación ao "domingo de entroido" xa se celebraba nalgúns lugares o "fareleiro": os máis mozos espallaban o "farelo" ( casca esmiuzada de gran de cereais, que no muÃño sepárase da fariña ) sobre as mozas, que en ocasións era substituÃdo por hollÃn ou cinza.O domingo anterior ao "de Antroido" coñécese como "corredoiro", pois nalgúns lugares era tradicional a "corrida do galo". Os xoves anterior e posterior a esta data coñécense como de "compadres e comadres" , simbolizando a eterna loita de sexos: no xoves de comadres os representantes masculinos portan imaxes que representan ás mulleres, quenes tentaban arrebatarllas pra evita-la súa queima; no xoves de compadres invertÃanse os papeis.Pero é o sábado e domingo de antroido cando comeza o esplendor.Moitos son os protagonistas do entroido de Galicia chegados a partir da antiga raigame popular:* "Cigarróns" ( VerÃn ), "peliqueiros" ( Laza ), "felos" ( Maceda e O Bolo ), "pantallas" ( Xinzo de Limia ) -- poboacións da provincia de Ourense - son as máscaras máis antigas e gozan de total inmunidade ( non se lles pode tocar ), gastan bromas e mallan aos viandantes cun látego ou unha vexiga que levan cinguida a un pau.Os "cigarróns" e "peliqueiros" levan un pucho no que representan motivos animais ou astrais e careta de madeira. Con vestimenta formada de calzón e chaquetilla anuncian a súa presenza co son dos grandes cencerros que levan na súa cintura. Desfilan en fila india, saltando sen parar sen que ninguén descubra a súa identidade.* Os "xerais e correos" son a figura máis notoria no Val do Ulla: unha agrupación conducida por un xeneral a cabalo, e precedida polos seus "correos", enfróntase a outra homónima e rival, iniciándose unha guerra de agudeza na composición de versos trala que os xenerais asinan unha tregua ata o vindeiro Antroido.* As "madamas e galáns" de Cobres-Vilaboa ( Pontevedra ) salientan por un vestiario moi colorido e fastoso: sobre unha vestimenta de cor branco lucen enorme cantidade de rechamantes complementos ( mantóns de manila, collares, chapeus, cintas...).* "O rei Urco e o loro Ravachol" representan o antroido pontevedrés. O primeiro preséntase na cidade cos seus exércitos, e Teucro, en inferioridade, recÃbeo cunha festa que dura tres dÃas; ao final morre envelenado.O enterro do "loro Ravachol" ( nome posto por Perfecto Feijoo ó seu loro ) celébrase o sábado posterior ao martes de antroido e sustituÃu ao enterro da sardiña.* O Enterro do Antroido: o antroido remata o "mércores de cinza", co "enterro da sardiña" na maiorÃa dos lugares. Unha tradición importada da meseta na segunda metade do século XIX, pois o tradicional en Galicia eran os enterros de "mecos, entroidos ou momos". Tal enterro non deixa de ser unha inhumación polo rito cristián no que o defunto é a sardiña.Cada localidade representa nun boneco-rei a figura do entroido ( entroidos, mecos, momos, "o Felipe", "o Felipiño ", " o Marcial", "o Farruco"... ), que é quemado na cerimonia.* "Domingo de piñata": celébrase o domingo posterior ao mércores de cinza ( primeiro domingo de coresma ) e é unha oportunidade pra rompe-la penitencia e o recollemento da coresma. A "piñata" é un xogo infantil relacionado co galego "xogo das olas" o cal celebrábase nalgúns lugares da provincia de Ourense polo antroido.
Canal: Travel & Events
Añadido: November 30, 1999 at 12:00 am
Autor: papigil
Duración: 09:29
Puntuación: 5.00
Reproducciones: 2524
Etiquetas: antroido carnaval cigarrons enterro entroido galaico galans galego galicia galiza madamas meco momos peliqueiros sardiña
|
papigil (November 30, 1999 at 12:00 am)
Opaiii, Rubi!. Haiche moitos máis figurÃns polÃticos e politiqueiros que deberan recibir tamén ben a gusto, pero iso xa son outros temas.¡Moitas grazas polo Comentario e saúdos, irmán!.
castrexo (November 30, 1999 at 12:00 am)
opaÃ! moi ghuapo o video!! quen fose peliqueiro pa varear os alcaldes todos hahaha as animas!!!!a quentar cus!!
papigil (November 30, 1999 at 12:00 am)
¡Hola, Mónica!. No hay nada que perdonar, amiga. A ver si el alcalde se pasea un poco más por la ConcejalÃa de Cultura y se pone las pilas para que la gente disponga de fiesta y alegrÃa.Muchas gracias por tu Comentario, compañera.¡Un gran abrazo desde Galicia!.
Sanyallana (November 30, 1999 at 12:00 am)
Hola Papi!!!perdona por este comentario tardio jejje,me ha encantado como siempre tus videos,aquà en Oviedo no tenemos esa tradición de disfraces y eso pero en Aviles y en Gijón y en otro sitios afortunadamente si..que se le va hacer nuestro Alcalde que ye un Pinin jejej,muchos besos Papi de esta Asturiana que no te olvida y perdón por la tardanza.
papigil (November 30, 1999 at 12:00 am)
Ola, amig@ redomil. No pobo conviven as dúas acepcións e por iso rexÃstroas, logo cada un pode facer uso a libre escolla. Por certo, vaian os meus parabéns polos teus videos desta festa.¡Apertas!.
redomil (November 30, 1999 at 12:00 am)
non e antroido e entroido ¬¬
papigil (November 30, 1999 at 12:00 am)
¡Ola, amigo XOANARCODAVELLA!. Moitas grazas polo teu Comentario mailos parabéns. Vindo dun compañeiro cun traballo tan inmenso e magnÃfico en calidade e cantidade, divulgador e ensalzador de toda a nosa xeografÃa galega coma es ti, representan verbas moi especiais.¡Unha grande aperta!.
XOANARCODAVELLA (November 30, 1999 at 12:00 am)
moi bo traballofelicitacionsXOAN ARCO DA VELLA
papigil (November 30, 1999 at 12:00 am)
Por certo, davealcarÃn, o Obradoiro Seivane ofrece aos gaiterios unha boa solución pra os problemas de "peche" que prodúcense cos tradicionais pallóns de cana en certas situacións climáticas. Visita a súa Web e vai ve-lo pallón "Seipal". Xa me contarás.¡Apertas!.
papigil (November 30, 1999 at 12:00 am)
¡Ola, Antonio!. Moitas grazas polo teu Comentario, amigo. ¡ A pasalo ben cos choqueiros, figuras tradicionais do Antroido!.¡Apertas!.
|